Aviso Legal
- Registradores.org - Datos identificativos
- Privacidade e protección de datos
- Propiedade industrial e intelectual
- Recomendacións de visualización
- Enderezo de contacto
Registradores.org - Datos identificativos
O presente aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do sitio web http://www.registradores.org, en adiante o Sitio Web. Registradores.org é un dominio en Internet cuxa titularidade pertence ao Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, con Sede Colexial en na rúa Diego de León nº 21, 28006 Madrid e NIF Q-2863012-G.
O uso do Sitio Web implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse aos servizos concretos do Sitio Web.
O Colexio de Registradores da Propiedade e Mercantís de España é unha Corporación de Dereito Público amparada pola lei e recoñecida polo Estado, adscrita á Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, e cuxos Estatutos foron aprobados polo Real Decreto do 14 de cbril de 1997.
O Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España está dirixido por:
D. Alfonso Candau Pérez.
Decano-Presidente do Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España.
Teléfono: 91.272.18.09
Fax: 91.563.30.63
correo-e: Decano@registradores.org
Privacidade e protección de datos
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Sitio Web axustarase ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación.
Os criterios seguidos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España respecto á utilización dos datos persoais que vostede facilite libre e voluntariamente a través dos servizos ofertados neste Sitio Web son os que se recollen no documento sobre Política de Privacidade e Protección de Datos.
Propiedade industrial e intelectual
A información, contidos e elementos subministrados a través deste Sitio Web encóntrase protexida pola lexislación sobre propiedade industrial e intelectual.
O usuario recoñece e acepta que todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre a información, os contidos, elementos e calquera outro compoñente incluído no Sitio Web, ou subministrados a través deste, pertencen ao Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España.
Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España é titular dos elementos que integran o deseño gráfico do seu Sitio Web, código fonte e software, logotipos, os textos, texturas, menús, iconas de botóns, gráficos, imaxes, fotografías, logotipos, arquivos de audio e vídeo, animacións e calquera outro contido ou compoñente do Sitio Web ou, en calquera caso dispón da correspondente autorización ou licenza para a utilización deses elementos.
O contido do Sitio Web, e a información obtida a través deste, non poderá ser reproducido nin en todo nin en parte, nin modificado, nin transmitido, nin difundido, en ningunha forma nin en ningún medio, a menos que se conte coa autorización previa, por escrito do Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España.
Así mesmo queda prohibido suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos que identifican os dereitos do Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, así como os dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismo de información que puidesen incluír os contidos.
O Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información e contidos neste Sitio Web ou na súa configuración ou presentación.
As ligazóns contidas neste Sitio Web poden dirixir a páxinas Web de terceiros. O Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión, contidos, informacións ou servizos que puidesen aparecer neses sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación ningunha entre o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se encontren.
Recomendacións de visualización
O formato das páxinas de registradores.org foi pensado para que poida ser visualizado de forma óptima baixo as seguintes especificacións técnicas:
Navegadores que utilizar: optimizado para Internet Explorer 7 ou superior, Firefox, Google Chrome.
Resolución recomendada: 1024x768
Tamaño de texto: Mediano
Tamén é posible utilizar as capacidades do navegador para ampliar o tamaño de letra. Por exemplo, en Microsoft Internet Explorer pode seleccionar as opcións Ver / Tamaño de texto e seleccionar a opción que máis lle interese co fin de visualizar os textos ao tamaño desexado.
Naturalmente, somos conscientes de que a lexibilidade deste sitio WEB pode mellorarse, e traballamos para iso. Invitámolo a axudarnos neste esforzo cos seus comentarios ou suxestións.
Enderezo de contacto
Para calquera aclaración sobre as presentes condicións xerais ou calquera outro aspecto, ten á súa disposición os seguintes enderezos:
Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España.
Rúa Diego de León nº 21, 28006 Madrid.
Soporte Telefónico: 902 734 375 / 91 270 17 96
correo-e: webmaster@registradores.es
