Contents limits
  • Desenvolvemento do curso

    O curso impártese en liña a través da páxina web do Colexio de Rexistradores, http://www.registradores.org

    O curso desenvolverase apoiándose en tres elementos:

        * temas expositivos
        * exercicios de autocomprobación
        * titoría en liña

    Os temas entregaranse -tras a acreditación mediante contrasinal da matrícula- quincenalmente en formato PDF, para a súa posible impresión en papel. Existe tamén un libro publicado polo Colexio de Rexistradores co contido do curso, que se pode adquirir a través da distribuidora DIJUSA.

    As unidades didácticas previstas entregaranse quincenalmente acomodándose á duración do curso prevista en 9 meses (outubro a xuño), deixando libre o período de Nadal e Semana Santa.

    Os exercicios de autocomprobación acompañarán a cada un dos temas e entregaranse también a través da páxina web citada.

    A titoría en liña permitirá que os asistentes ao Curso poidan efectuar calquera consulta relacionada coa materia exposta, a cal será respondida durante a semana a través da páxina web.

    Ao finalizar o curso, e só para aqueles que o seguisen habitualmente (que non deixasen sen presentar máis de 3 exercicios), realizarase un exame presencial, tipo test, similar aos exercicios que se fixeron durante o curso. Aprobar ese exame é requisito indispensable para a obtención do diploma correspondente.

 

volver a Aula Civil

Contents limits
pechar