Contents limits

Depósito de Condicións Xerais da Contratación

No rexistro poderán inscribirse as cláusulas contractuais que teñan carácter de condicións xerais da contratación de acordo co disposto na Lei.

Rectificación ou modificación de modelos de condicións xerais previamente inscritos

Anotación Preventiva Interposición de demanda de nulidade de condicións xerais

Anotación Preventiva Declaración de non incorporación de cláusulas xerais.

Anotación Preventiva Interposición de acción de cesamento.

Anotación Preventiva Interposición de acción de retractación.

Anotación Preventiva Interposición de acción declarativa.

Anotación Preventiva Resolución xudicial de suspensión cautelar da eficacia dunha condición xeral.

Serán obxecto de anotación preventiva a interposición das demandas ordinarias de nulidade ou de declaración de non incorporación de cláusulas xerais, así como as accións colectivas de cesamento, retractación e declarativa e as resolucións xudiciais que acorden a suspensión cautelar da eficacia dunha condición xeral.

A acción de cesamento diríxese a obter unha sentenza que condene ao demandado a eliminar das súas condicións xerais as que se reputen nulas e a absterse de utilizalas no sucesivo, determinando ou aclarando, cando sexa necesario, o contido do contrato que ha de considerarse válido e eficaz.

A acción de retractación procederá contra calquera profesional que recomende publicamente a utilización de determinadas condicións xerais que se consideren nulas ou manifeste da mesma maneira a súa vontade de utilizalas no tráfico, sempre nalgunha ocasión fose efectivamente utilizada por algún predispoñente.

A acción declarativa procederá contra calquera profesional que utilice as condicións xerais.

As accións mencionadas poderán dirixirse conxuntamente contra varios profesionais do mesmo sector económico ou contra as súas asociacións que utilicen ou recomenden a utilización de condicións xerais idénticas que se consideren nulas.

Resolución xudicial demanda de nulidade condicións xerais.

Resolución xudicial declaración de non incorporación de cláusulas xerais.

Resolución xudicial estimatoria de accións de cesamento.

Resolución xudicial estimatoria de accións de retractación.

Resolución xudicial estimatoria de acción declarativa.

Persistencia na utilización de cláusulas declaradas xudicialmente nulas.

En todo caso en que prosperase unha acción colectiva ou unha acción individual de nulidade ou non incorporación relativa a condicións xerais, o xuíz dicará mandamento ao titular do Rexistro de Condicións Xerais da Contratación para a inscrición da sentenza nel. Serán obxecto de inscrición as executorias en que se recollan sentenzas firmes estimatorias de calquera das accións en que se refire o apartado de anotacións preventivas. Tamén poderán ser obxecto de inscrición cando se acredite suficientemente ante o Rexistrador, a persistencia na utilización de cláusulas declaradas xudicialmente nulas.

Mandamento xudicial de prórroga referente a cláusulas de modelos de condicións xerais

Cancelación persistencia na utilización de cláusulas declaradas xudicialmente nulas.

Cancelación de anotación preventiva por non prosperar a acción.

Cancelación de anotación preventiva por desistimento.

Cancelación de resolución xudicial de suspensión cautelar da eficacia dunha condición xeral.

Cancelación Anotación Preventiva por Caducidade.

Cancelación Anotación Preventiva por decisión xudicial.

Cancelación de inscrición voluntaria de depósito de condicións xerais.

Supoñen a cancelación dos actos descritos anteriormente

 

Ditamen de Conciliación.

 O consumidor poderá pedir a opinión do Rexistrador sobre se unha condición xeral é ou non abusiva.

Este ditame é voluntario e non vinculante, aínda que loxicamente haberá que admitir que sexa vinculante se así expresamente o queren ambas as partes; non prexulga a declaración xudicial que no seu caso poida ditarse sobre a validez ou non da cláusula; esixirá a intervención e audiencia de todas as partes, e poderá formularse antes do exercicio de calquera acción colectiva, sexa de cesamento, de retractación ou declarativa. Nada impide que se pida antes do exercicio dunha acción individual.

volver

Contents limits
pechar